15 de febreiro de 2018

Evelio cultiva cabazas

Hoxe Evelio, da aula de tres anos, trouxo unha planta ao cole, unha cabaceira. Explicounos que puxera terra nun testo, fixera un buraco nela e botara a semente. Logo botoulle auga e esperou varios días a que agromara. Agora só ten que esperar un pouco máis a que medre a plantiña e naza unha nova cabaciña.

Nós xa sabiamos moitas cousas das cabazas porque polo Samaín trouxeramos algunhas decoradas e tamén nos gustan moitas comidas nas que se utilizan: cremas, sopas, biscoitos,.. Hoxe lembramos todo isto e tamén pescudamos máis cousas nos libros, na internet... 


Moitas grazas Evelio!

Ningún comentario:

Publicar un comentario