5 de febreiro de 2018

Obradoiro de disfraces

Desde hai varios días, e como en cursos anteriores, a ANPA do cole está a traballar decontino na elaboración dos disfraces de Entroido de todos os nenos do cole, este ano relacionados co proxecto de robótica. 
Este luns, a ANPA organizou un obradoiro para que os papás e mamás puidesen vir ao cole para traballar man a man cos Pequerrech@s e rematar a elaboración dos disfraces, unha oportunidade excelente de compartir esta actividade en familia dentro da contorna escolar. Moitas gazas pola vosa colaboración!



E lembrade que mañá toca algo no pescozo! 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario