30 de maio de 2018

Unhas eirugas moi larpeiras

Hoxe estivo nas nosas aulas a nai de Gabi, o noso compañeiro de 5º. Veu ensinar uns vermes de seda que teñen en casa. 


Puidemos observar os pequenos oviños, os vermiños recien nados e xa máis grandes, e os casulos de seda. 
E, para rematar, deulles para comer follas de moreira que devoraron nun abrir e pechar os ollos.


Encantounos a visita. Moitas grazas Divina! 


Mª Victoria Moreno, unha historia de amor

O pasado xoves os Pequerrech@s de 4 e 5 anos, xunto cos compañeiros de 1º e 2º de primaria, participamos un obradoiro creativo: “María Victoria Moreno, unha historia de amor”. Contos e debuxos da vida e da obra de María Victoria Moreno a cargo de Polo correo do Vento.


Tedes toda a información e as fotos no blogue da Biblio de Checho: http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com/2018/05/obradoiro-de-polo-correo-do-vento.html

25 de maio de 2018

Feliz aniversario Sasha!!!

Hoxe na aula dos pequenos houbo celebración. Sasha cumpre catro anos e quixo celebralo repartindo unhas lambetadas deliciosas. Moitas grazas!



Parabéns Sasha!

Letras Galegas 2018: Cóntame un conto

Ser un contacontos é algo tan simple como saber contar un conto. Para iso non basta só con saber ler, senón saber implicar na historia a quen escoita, facéndolle sentir as situacións sen que se de conta, envolvéndolle na maxia do conto.
Iso é, nin máis nin menos, o que fixeron esta semana  con grande habelencia Manu, Pedro, Inés e Yomara.


Moitas grazas!!!

Cóntame un conto: Os tres bandidos

E con Yomara, que veu contarnos "Os tres bandidos", finalizamos esta semana de "Cóntame un conto..."


Os tres bandidos eran tres tipos malos que roubaban a todo o que se cruzaba no seu camiño, roubaban ouro, perlas, reloxos...Unha noite asaltaron unha carruaxe cunha nena dentro e esta preguntoulles: para que queredes todas esas riquezas?


Moitas grazas Yomara!


 Tedes as fotos aquí.

Visitamos o Museo de Pontevedra

Este xoves todos os nenos e nenas do cole fomos ao Museo de Pontevedra. 
Alí dividíronnos en grupos e os Pequerrechos comezamos a nosa visita subindo ao terceiro andar do Sexto Edificio.


A nosa guía explícounos as normas do museo e comezamos a visita ante as obras de Arturo Souto "Máscaras africanas" e "Obxectos no espazo".


Continuamos con "Vendedor ambulante en Bos Aires" de Leopoldo Nóvoa.
Logo propúxonos dividirnos en grupos para facer un quebracabezas que resultou ser outro cadro de Nóvoa: "Paisaxe mariñeira"


A continuación parámonos ante unha obra de Luís Caruncho e con axuda da tabeta descubrimos que instrumento musical estaba representado.



E rematamos observando varias obras monocromáticas. Aquí estamos ante "Azul sobre azul, nº 27" de Luis Caruncho.
Por grupos outra vez fixemos nosas propias composicións artísticas.


Antes de marchar, pasamos pola exposición da maqueta da Serra de Atapuerca protagonizada por Playmobil.



Foi unha visita moi interesante e para comprobalo tedes as fotos aquí.

23 de maio de 2018

Cóntame un conto: O segredo de Flora

Este mércores foi a quenda de Inés para vir contarnos "O segredo de Flora". 



Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. 



Moitas grazas Inés!



Tedes as fotos aquí.

22 de maio de 2018

Cóntame un conto: Un gato na árbore

"Un gato na árbore" é a divertida historia que hoxe nos achegou Pedro.


“Un gato perseguido por un can sube a unha árbore moi alta e non é quen de baixar. Os que pasan ao carón da árbore soben coa intención de axudar; pero a cousa vaise complicando cada vez máis... 


Moitas grazas Pedro!

 
Tedes as fotos aquí.

21 de maio de 2018

Cóntame un conto: Os sete cabritos

Coma todos os anos, entre as actividades programadas para celebrar as Letras Galegas están as sesións de contacontos a cargo dos maiores do cole. Hoxe veu Manu a contar un clásico da literatura infantil: "Os sete cabritos".


Había unha vez sete cabritos que vivían felices nunha cabana do bosque coa súa mamá; pero preto de alí roldaba un lobo feroz…


Moitas grazas Manu!


Tedes as fotos aquí

Mochilas viaxeiras: Brais

Hoxe tocoulle a Brais a quenda de levar a mochila viaxeira a súa casa. Esperamos que desfrutedes de bos momentos de lectura compartida en familia.

 

17 de maio de 2018

Celebramos as Letras Galegas 2018

Este mércores reunímonos todos os nenos e as nenas do cole para celebrar o Día das Letras Galegas. 
Comezamos coa presentación da vida e obra de Maria Victoria Moreno, a autora homenaxeada, a cargo dos maiores de 6º de Primaria. 


Axiña entregáronse os premios do VIII Certame Literario aos representantes de cada curso de Infantil e Primaria.


Deseguida entregáronse os premios do V Certame Fotográfico e  Hugo, Ellissa, Iago, Álex, Jose G., Evelio e Manuela recibiron un pequeno agasallo e un diploma pola súa participación. 



Neste vídeo podedes ver as fotos da exposición que está na entrada do cole. Parabéns a tod@s e ás familias pola vosa colaboración!


E rematamos co vídeo do conto realizado polos máis pequenos do cole, os nenos e nenas de 4º de Infantil.


E así rematamos as actividades do 17 de maio, esta data tan importante para a nosa lingua e a nosa cultura.



"A lingua é a nosa marca de identidade, a nosa creación colectiva. É o noso privilexio e o noso orgullo".

 http://apego.gal/dez-razons-para-falarlle-galego/

15 de maio de 2018

Maio, mes da Lingua

No cole estamos a preparar unha chea de actividades para celebrar como se merece o día das nosas letras, o Día das Letras Galegas.
Os Pequerrech@s de tres anos botamos man da nosa imaxinación e da nosa arte para presentarvos este contiño "Había unha vez..."


Esperamos que vos guste.

Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

Este ano 2018 a Real Academia Galega adícalle o Día das Letras pola seu compromiso coa defensa da nosa lingua e da nosa literatura á escritora pontevedresa (aínda que nacida en Cáceres) María Victoria Moreno.


Si queredes saber máis de María Victoria  nestas ligazóns do Seminario Galán tedes moitas actividades en liña sobre a súa vida e a súa obra:
http://seminariogalan.org/inicio/ver/376 

http://seminariogalan.org/inicio/ver/377 

Amorodos e paxaros

Xa temos a nosa primeira colleita de amorodos. Estamos emocionadísimos!


E os nenos e nenas da aula dos maiores seguen a traer da casa cousas relacionadas cos animais. Hoxe Mauro trouxo un paxariño de xoguete sí, pero case, case parecía de verdade. Ata cantaba como Paco, o canario que estivo connosco onte.


Mauro from Educación Infantil on Vimeo.

Paco ven de visita

Hoxe Paco, o canario de David, veu facernos unha visita. 


Paco estivo moi tranquilo na súa gaiola toda a mañá, comeu o seu alpiste, bebeu a súa auga e amenizounos cos seus trilos. 


Con Paco hoxe e a visita do outro día dos papás de Xabi estamos a aprender moitas cousas das aves.


Moitas grazas David!

13 de maio de 2018

As nosas plantas seguen medrando

As plantas que plantamos hai uns días, con boa terra, auga, sol e os nosos coidados, seguen medrando así de fermosas. Mesmo as amorodeiras están a dar os seus froitos. Mirade que amorodos tan apetitosos.


E  para plasmar todo o que aprendemos das plantas confeccionamos este mural co que decoramos o noso corredor.



12 de maio de 2018

Un zoo na casa

Á familia de Ian encántanlle os animais e teñen un pequeno zoo en casa: ras, camaleóns, tartarugas, serpes, varanos... ata dúas aguias. 
O venres viñeron ao cole para mostrarnos algúns deles: unha ra arborícora cubana, dous ajolotes, dous dragóns cornudos de vietnam e unha serpe


Contáronnos moitas cousas sobre eles, mesmo trouxeron os vermiños que comen os ajolotes para que puidésemos darlles para comer. 


Eran tan mansiños que nos deixaron acariñalos. Iso si, con moito coidado para non facerlles dano. 


E como nos espertaron tanto a curiosidade sobre estes animais, cando se foron seguimos investigando para saber máis cousas sobre os anfibios e os réptiles. 


Moitas grazas!!! 


Tedes as fotos premendo aquí.

10 de maio de 2018

Chispas ven de vista

Hoxe Noa e Ángeles, a irmá pequena e a mamá de Hugo, acompañárono ao cole porque tiña que traer algo moi especial: Chispas, unha das súas tartarugas.
Todos puidemos ver como camiñaba coas súas patiñas semipalmeadas, as manchas amarelas, a coiraza coa que se protexe...



Neste vídeo cóntannos cousas moi curiosas
sobre as tartarugas




Hugo tamén nos mostrou a súa colección de insectos e arácnidos:  grandes, pequenos, con patas longuísimas, irisados....




E mirade que interesantes estes vídeos!






Moitas grazas Ángeles, Noa e Hugo!