Rematamos esta semana de Cóntame un conto con Vanesa, a nai de Jose. "Elefante" foi o conto que nos trouxo.
O protagonista deste conto está aburrido e non ten a ninguén con quen
xogar. Os seus avós están ocupados e non teñen tempo para el, así que
decide xogar co seu gran e torpe elefante. E aínda que ás veces é un
pouco desastre e tira algunhas cousas, sempre está disposto a xogar con
el.
"Elefante" é un libro que reflicte a importancia de deixar aos nenos o seu espazo para imaxinar e soñar.
Tamén vemos a importancia dos avós na vida dos nenos. Son a figura que outorga seguridade, deixando ao neno que experimente de maneira individual pero tamén apoiándolle, coidándolle e queréndolle.
Moitas grazas Vanesa!
Ningún comentario:
Publicar un comentario