25 de maio de 2018

Visitamos o Museo de Pontevedra

Este xoves todos os nenos e nenas do cole fomos ao Museo de Pontevedra. 
Alí dividíronnos en grupos e os Pequerrechos comezamos a nosa visita subindo ao terceiro andar do Sexto Edificio.


A nosa guía explícounos as normas do museo e comezamos a visita ante as obras de Arturo Souto "Máscaras africanas" e "Obxectos no espazo".


Continuamos con "Vendedor ambulante en Bos Aires" de Leopoldo Nóvoa.
Logo propúxonos dividirnos en grupos para facer un quebracabezas que resultou ser outro cadro de Nóvoa: "Paisaxe mariñeira"


A continuación parámonos ante unha obra de Luís Caruncho e con axuda da tabeta descubrimos que instrumento musical estaba representado.



E rematamos observando varias obras monocromáticas. Aquí estamos ante "Azul sobre azul, nº 27" de Luis Caruncho.
Por grupos outra vez fixemos nosas propias composicións artísticas.


Antes de marchar, pasamos pola exposición da maqueta da Serra de Atapuerca protagonizada por Playmobil.



Foi unha visita moi interesante e para comprobalo tedes as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario