Este mércores foi Maika, a nai de Manuela, a nosa contacontos cunha historia moi divertida: "Nada puede asustar a un oso".
No máis profundo do bosque,
baixo o resplandor da lúa,
Bebé Osiño soña tranquilo
e aníñase ben no berce…
Pero de súpeto... que sucede?
É coma se un monstro ruxise!
Nada pode asustar a un oso
e menos un monstro, máis quixese!
Nada pode asustar a un oso é un conto en verso bellamente ilustrado que ensina a enfrontarse aos medos nocturnos con moito sentido do humor.
Moitas grazas Maika!
Ningún comentario:
Publicar un comentario