Á familia de Ian encántanlle os animais e teñen un pequeno zoo en casa: ras, camaleóns, tartarugas, serpes, varanos... ata dúas aguias.
O venres viñeron ao cole para mostrarnos algúns deles: unha ra arborícora cubana, dous ajolotes, dous dragóns cornudos de vietnam e unha serpe.
Contáronnos moitas cousas sobre eles, mesmo trouxeron os vermiños que comen os ajolotes para que puidésemos darlles para comer.
Eran tan mansiños que nos deixaron acariñalos. Iso si, con moito coidado
para non facerlles dano.
E como nos espertaron tanto a curiosidade sobre estes animais, cando se
foron seguimos investigando para saber máis cousas sobre os anfibios e
os réptiles.
Moitas grazas!!!
Tedes as fotos premendo aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario