1 de maio de 2018

Cóntame un conto: Un poco perdido

O pasado 23 de abril festexamos o Día do Libro e, coma todos os anos, en Infantil o celebramos cunha das nosas actividades favoritas, Cóntame un conto, unhas sesións de contacontos a cargo das familias d@s nos@s  Pequerrech@s.
Hoxe Yasmina, a mamá de Thiago, veu contar "Un poco perdido" 



Un Pouco Perdido, de Chris Haughton, é unha sinxela e tenra historia que narra a aventura dun pito de bufo que cae o niño e queda perdido. Nada máis caer un esquío interesarase polo seu estado e axudaralle a atopar á súa mamá.  


Con esta lectura poderemos falar cos nosos fillos do temor para perderse, da necesidade de non separarse dos papás e tamén do valor da solidariedade, a empatía e a coraxe.


Moitas grazas Yasmina!

Ningún comentario:

Publicar un comentario