O pasado venres día 22, no cole rematamos as celebracións
con motivo do Día do Libro cunha chea de actividades.
Nós, os de infantil, quixemos participar cun conto de
produción propia.
Elaboramos a historia, debuxamos os personaxes e
representámola ante os demais compañeiros.
Para levar a cabo esta tarefa eliximos unha dinámica de traballo colaborativo.
O traballo
colaborativo permite aos alumnos interactuar e exercitar a lóxica, a
comunicación oral, a capacidade de dialogar, a toma de decisión e a cooperación entre outras moitas destrezas,
habilidades e valores que non só seranlles útiles na aula senón ao longo de
toda a súa vida.