19 de abril de 2016

Cóntame un conto: Máxia!

Este 23 de abril celebramos o Día do Libro con numerosas actividades de fomento da lectura.
Como todos os anos, comezamos a semana con unha das nosas favoritas, "Cóntame un conto", na que os maiores do cole veñen á aula de infantil a contarnos algunha fascinante historia.        

Hoxe tocoulle o turno a Aarón, que nos trouxo "Máxia!"        

    
O libro fálanos de Óscar, un neno que queda a cargo de un bebé que seica ten fame pero non sabe como alimentar (porque descubre que os bebés non comen o mesmo que os nenos maiores) ata que chega a mamá e fai ... Máxia!        


 Ninguén perdeu detalle da historia e, ao rematar, todos quixeron debuxar o que máis lles gustou do conto.        


Podedes ver máis fotos premendo aquí.

1 comentario:

  1. Os pequenos están encantados, pero os maiores, non sabedes canto disfrutan participando desta colaboración!!! Co traballo en equipo, disfrutamos todos!Un bico, rapaces e rapazas.

    ResponderEliminar