9 de abril de 2016

Canta bichería!

"Escollemos o tema dos bichos porque están en cantidade de contos, hai moito escrito ao redor deles, e tamén para que o Salón contribúa a crear conciencia de que todos somos importantes, eles tamén" 
Esto foi o que dixeron desde o Concello na presentación do XVII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e nós non nolo podiamos perder.



Xunto cos nenos e nenas de 1º de primaria disfrutamos dos contos de Raquel Queizás



A nosa monitora Paula mostrounos os diferentes espazos inspirados nas peripecias de  Extravaganzza Pérez.


Admiramos a exposición cos estupendos traballos dos coles pero, claro, o noso foi o que nos gustou máis.


Tamén tivemos tempo de xogar.


E non podíamos marchar sin saudar a Orbil, a nosa mascota favorita.



Todas as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario