20 de abril de 2016

Cóntame un conto: Sopa verde

"Era unha vez un coello ao que só lle gustaba o verde..."
Así comeza o conto que nos trouxeron hoxe Víctor e Lara. 

      
 "Sopa verde" é a historia dun coello que se nega a probar calquera alimento que non sexa de cor verde, máis o moucho con astucia consegue facerlle cambiar de opinión.


 Algunha vez dixemos que algo non nos gusta sen antes probalo? Por ese motivo, álbums coma Sopa verde convértense nun recurso fiable para motivar os nenos a comer variado.
E, para finalizar, non podía faltar o debuxo do pequeno coello cabezota. 


 Todas as fotos aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario