"Almorzos saudables" foi unha actividade que realizamos en febreiro na que, despois dunha pequena charla sobre a importancia dunha dieta equilibrada que nos deu unha técnica da Consellería de Sanidade, disfrutamos dun almorzo de tipo mixto (pan con friame, iogur con mel e plátano) para rematar cuns consellos sobre unha correcta hixiene buco-dental.
Neste videoconto da serie "Planeta verde", a familia Trebón lémbranos a importancia que ten comenzar cada día cun almorzo completo e tamén que, despóis de recoller a mesa, hai que separar os residuos de forma correcta para depositalos nos contenedores correspondentes e así propiciar a súa reciclaxe.
Si queredes lembrar esta actividade podedes clicar nesta ligazón:
http://dinamizacioncarballeira.blogspot.com.es/2016/02/alimentacion-saudable.html
Ningún comentario:
Publicar un comentario