30 de abril de 2016

23 de abril: Día do Libro

O pasado venres día 22, no cole rematamos as celebracións con motivo do Día do Libro cunha chea de actividades.

Nós, os de infantil, quixemos participar cun conto de produción propia. 
Elaboramos a historia, debuxamos os personaxes e representámola ante os demais compañeiros.







Para levar a cabo esta tarefa  eliximos unha dinámica de traballo colaborativo.

O traballo colaborativo permite aos alumnos interactuar e exercitar a lóxica, a comunicación oral, a capacidade de dialogar, a toma de decisión  e a cooperación entre outras moitas destrezas, habilidades e valores que non só seranlles útiles na aula senón ao longo de toda a súa vida.


Ningún comentario:

Publicar un comentario