Os contos infantís non foron creados soamente para entreter aos máis peques. Eles son un gran instrumento didáctico para axudar aos nenos e nenas a arte de vivir mellor, facer boas eleccións, que é posible cambiar e superarse.
–Que pasaría se foses un gato?
–Se eu fose un gato…
Así comeza o relato de Paloma Sánchez Ibarzábal, con ilustracións de Anna Llenas.
"Se
eu fose un gato" é unha proposta divertida, a modo de xogo, que permite
tomar conciencia da realidade (vivencias, emocións, necesidades...) do
outro co obxectivo de entendelo mellor.
Coñecer e aceptar as diferenzas do outro fainos máis tolerantes cara aos comportamentos afastados dos nosos porque aquilo que fai distinto ao outro pode ser toda unha virtude ou vantaxe que todos desexariamos.
http://www.oqo.es/editora/gl/content/se-eu-fose-un-gato
Ningún comentario:
Publicar un comentario